Arquivos mensuais: Decembro 2011

«Os livros são o melhor presente que uma pessoa pode dar a outra»

Despois do Apalpador ou do Papai Noel (brasileiro) ou Pai Natal (portugués) velaí veñen xa os Magos de Oriente e aínda hai tempo para agasallarmos libros. Mentres no noso País pechan editoras e librarías, abaixo do Minho pelexan porque nos presentes … Sigue lendo

Publicado en Lendas e mitos, Tradicións | Comentarios desactivados en «Os livros são o melhor presente que uma pessoa pode dar a outra»

Son de poesía, en edición dixitalizada

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Continúa o seu excelente labor a páxina de poesiagalega.org, rótulo identificador dunha base de datos e dun repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos, proxecto que dirixe o … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Arte, Poesía | Comentarios desactivados en Son de poesía, en edición dixitalizada

URBANO. Coroa poética a Urbano Lugrís

(Premer na imaxe dúas veces para unha mellor lectura) A iniciativa do colectivo A Nave das Ideas de Vigo (da que falamos aquí) xa está desde hai uns días na rede. Como parte dunha serie de actos de homenaxe ao artista galego … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Arte, Poesía | Comentarios desactivados en URBANO. Coroa poética a Urbano Lugrís

El País (Madrid), unha de cal e outra de area

A clamorosa orfandade de medios na nosa lingua propia (expresión que non é do agrado do Valedor do Pobo, manda truco!!!) poderá corrixirse un pisco o vindeiro ano se callan os proxectos de Sermos Galiza e de Praza Pública. No entanto, … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Lingua | Comentarios desactivados en El País (Madrid), unha de cal e outra de area

No centenario de Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Onte foi o centenario de Álvaro Cunqueiro, quen naceu na vila de Mondoñedo o 22 de decembro do 1911. Velaí, pois, que era unha ocasión propicia para festexarmos a data acudindo á representación … Sigue lendo

Publicado en Teatro | Comentarios desactivados en No centenario de Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

Inverno (astronómico)

Esta madrugada do xoves 22 de decembro do 2011, ás 6h 30m hora oficial peninsular, deu inicio o inverno no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, a máis breve do ano desde fai algúns séculos, vai durar 88 … Sigue lendo

Publicado en Historia, Lendas e mitos, Poesía | Comentarios desactivados en Inverno (astronómico)

Adeus a Cesária Évora, “a diva dos pés descalços”

Escribín o pasado 24 de setembro esta entrada “Cesária Évora deixa os escenarios”, que incluía un video da súa canción “Sodade“, unha morna do álbum Miss perfumado (1992). Non pasaron nin tan sequera tres meses e agora teño que escribir para lle … Sigue lendo

Publicado en Lingua, Música, Poesía | 2 Comentarios

Presentado o programa da Capital Europeia da Cultura de Guimarães

E no mesmo diario portugués Público souben que xa foi presentado o programa da Capital Europeia da Cultura de Guimarães, cidade que nos aprace moitísimo e que adoitamos visitar de cando en vez e xa son moitas as estadías, aínda que … Sigue lendo

Publicado en Arte, Cinema, Encontros, Exposicións, Fotografía, Historia, Lingua, Roteiros, Teatro | Comentarios desactivados en Presentado o programa da Capital Europeia da Cultura de Guimarães

Mistérios de Lisboa, de Raul Ruiz e A árbore da vida, de Terrence Malick, acadan novos premios da crítica

(Cartaz da película tirado de filmaffinity) Alégrame ler no diario portugués Público que dúas películas das que falei nesta bitácora, Mistérios de Lisboa, de Raul Ruiz e A árbore da vida (The tree of life), de Terrence Malick, veñen de acadar … Sigue lendo

Publicado en Cinema, Historia, Narrativa | Comentarios desactivados en Mistérios de Lisboa, de Raul Ruiz e A árbore da vida, de Terrence Malick, acadan novos premios da crítica

Dúas convocatorias poéticas na Costa da Morte: un Recital e un Certame de Poesía

(Na foto de Xesús Búa para La Voz de Galicia, de esquerda a dereita, Alexandre Nerium, eu, e Modesto Fraga no Recital de Poesía que se celebrou en Muxía no nadal hai dous anos) Damos conta de dúas convocatorias poéticas para os próximos días na … Sigue lendo

Publicado en Encontros, Música, Poesía, Premios | Comentarios desactivados en Dúas convocatorias poéticas na Costa da Morte: un Recital e un Certame de Poesía