Crebinsky, cinema galego premiado en Toulose


Puidemos ver Crebinsky na primeira das sete semanas que estivo nos cinemas de Compostela. E a nós esta narración surrealista gustóuchenos moito. Agora, a película dirixida por Enrique Otero vén de ser a triunfadora da 16ª edición de Cinespaña, Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse, recibindo a Violeta de Ouro que o destaca como o mellor filme. O xurado do festival outorgou tres premios a esta película galega: á mellor longametraxe de ficción, o premio ao mellor actor, que recibiron ex-aequo Miguel de Lira e Sergio Zearreta, e o premio á mellor música para o seu compositor, Pablo Pérez. Os premiados recibiron os seus galardóns na gala celebrada este pasado sábado na Cinémathèque de Toulouse. Non son os primeiros, pois este éxito súmase aos dous premios recibidos este ano no Festival de Málaga (mellor guión novel e premio “Signis”) e os catro galardóns logrados nos Premios Mestre Mateo (mellor actor para Miguel de Lira, dirección artística, dirección de fotografía e maquillaxe e perruquería). Os nosos parabéns (e de maneira persoal a Miguel de Lira)!!!

Esta entrada foi publicada en Arte, Cinema, Contos. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Crebinsky, cinema galego premiado en Toulose

  1. Pingback: As crebas » Crebinsky, cinema galego premiado en Oaxaca (México)

Os comentarios están pechados.